03.19.2024 | 12.00h-14.00h

Coincidindo coa celebración da festividade da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, este martes 19 de marzo o Salón de Actos do centro acolle desde as 12.00 horas unha conferencia do profesor Joan Subirats Humet, ex ministro de Universidades e catedrático da Universitat Autónoma de Barcelona. A charla leva por título 'Política e políticas nun cambio de época'.