Skip to main content

Formación: 'Pautas para redactar e publicar un traballo de investigación'

03.21.2024 | 12.00h-13.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Sede do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC. FOTO: Santi Alvite
Sede do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC. FOTO: Santi Alvite

O investigador do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC Francisco Fernández Rivera ofrece este xoves 21 de marzo de 12.00 a 13.30 horas unha charla sobre 'Pautas para redactar e publicar un traballo de investigación'. Será no Salón de Actos do CiTIUS.

A charla do catedrático Francisco Fernández Rivera está dirixida a estudantes que teñan dúbidas sobre como afrontar a súa tese. Nela falarase sobre como redactar correctamente un artigo que amose algún desenvolvemento ou avance científico e como seleccionar a mellor revista ou congreso onde publicalo posteriormente. Tamén se darán pautas e moitos consellos a ter en conta á hora de redactar un artigo científico coa máxima calidade e as maiores posibilidades de éxito na súa publicación.

Francisco Fernández Rivera
Francisco Fernández Rivera
The contents of this page were updated on 03.19.2024.