03.20.2024 | 12.30h-13.30h

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle este mércores 20 de marzo o acto de entrega da IV edición dos Premios Valedora do Pobo. O acto será inaugurado polo reitor da Universidade de Santiago, Antonio López. A continuación intervirán a directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Águeda Gómez Suárez; a conselleira de Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a valedora do Pobo, Dolores Fernández Galicia. Tras estas intervencións, o secretario xeral da institución da Valedora do Pobo, Fernando de Andrés Alonso, procederá a ler a Acta do Xurado dos Premios, os cales se lles irán entregando ás persoas galardoadas.