Skip to main content

Exposición 'Álvaro de la Vega. Xéneros e números'

04.04.2024-05.31.2024

Salón Artesoado
Santiago de Compostela

Detalle da mostra de Álvaro de la Vega 'Xéneros e números' no Pazo de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Detalle da mostra de Álvaro de la Vega 'Xéneros e números' no Pazo de Fonseca. FOTO: Santi Alvite

O escultor lugués (Paradela) Álvaro de la Vega inaugura este xoves 4 de abril ás 13.00 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca a exposición ’Xéneros e números’. No acto intervirán a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, así como o escultor Álvaro de la Vega e a comisaria da mostra, Cristina Carballedo.

A mostra preséntase como un espazo de encontro para tres obras, “un número curto que contén outros números: dous conxuntos grupais integrados por trinta e oito elementos que nos suxiren a densidade como idea vertebral da mostra e outra obra, solitaria e espida no medio das multitudes”, explica o autor.

A montaxe propón agrupamentos abigarrados de mulleres e homes que nos observan, que se fan observar ou que se desplazan emerxentes e decididos, sen mirar atrás.

Segundo o autor, a disposición das figuras xera “a atmosfera propicia para conducir a mirada sobre un itinerario de máxima aproximación a todo o que pode conmover e dar sentido á inevitable reunión de autor, obra, espectador”.

O autor
Álvaro de la Vega (Paradela, (Lugo) cursa estudos de Belas Artes en Barcelona, iniciando os seus proxectos escultóricos a partir dos anos 90 tomando como punto de partida a figura humana e animal, traballando con distintos materiais como madeira, ferro, cerámica ou pedra.

É autor, entre outros monumentos públicos, do  Cabalo III nos  exteriores do Museo Comarcal da Fonsagrada, do Tensión III  en Corcubión, 'Heraldos del encuentro' en Viveiro, ou a homenaxe a Federico García Lorca na  Alameda de Santiago de Compostela.

A mostra poderá verse ata o 25 de maio de 2024, de luns a venres, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.

Detalle da mostra de Álvaro de la Vega 'Xéneros e números'
Detalle da mostra de Álvaro de la Vega 'Xéneros e números'
The contents of this page were updated on 05.14.2024.