Skip to main content

Gran final do I Certame de grupos musicais da USC e concerto de Caamaño&Ameixeiras

04.11.2024 | 21.00h

Santiago de Compostela

Que proposta finalista gañará o certame?

Gran final do I Certame de grupos musicais da USC e concerto de Caamaño&Ameixeiras
Gran final do I Certame de grupos musicais da USC e concerto de Caamaño&Ameixeiras

Xa temos o nome das tres propostas finalistas da primeira edición do Certame de grupos musicais da USC: 'The Displacements', 'Diego Flâneur' e 'Aprendiz'!

Este xoves 11 de abril ás 21.00 horas actuarán en directo as tres propostas -cun máximo de 10 minutos cada unha- para que o xurado determine cales obterán o 1º, 2º e 3º premio.

Ademais, e como broche final, o certame enmarcado na Primavera Cultural da USC rematará co concerto de Caamaño&Ameixeiras, que forman parte do xurado.

As entradas deste evento musical, presentado polo profesor do Departamento de Ciencias da Comunicación Ángel Antonio Vizoso García, poderanse recoller de balde o propio día a partir das 19.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso ao recinto farase a partir das 20.45 horas.

Caamaño&Ameixeiras
Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman Caamaño&Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e ao baile de raíz. Desde o seu nacemento, en 2018, este dúo conta cunha intensa traxectoria, tanto a nivel nacional como internacional. Tomando como punto de partida a tradición, o dúo consegue crear unha linguaxe propia e única, con composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia do popular incorporando recursos contemporáneos e situando a emoción en primeiro plano.

Despois do éxito colleitado co seu primeiro traballo discográfico, 'Aire!' (Segell Microscopi, 2021) (Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk, 1º Premio no Folkez Blai 2021 (Ermua, País Vasco), Premio Opinión da Música de Raíz ao disco do ano 2021), producido polo recoñecido músico burgalés Diego Galaz e con colaboracións tan destacadas como a de Silvia Pérez Cruz ou Fetén Fetén, o dúo lanza en outubro de 2023 o seu segundo álbum. En 'Quitar o aire' (Raso Estudio, 2023), con Hevi (Malandrómeda) aos mandos da producción, Caamaño&Ameixeiras resignifican e actualizan os códigos da música de raíz, dando un xiro ao seu son, elevando a mística e a profundidade e levando a sonoridade da tradición galega e ibérica á virulencia de planos máis frontais e de músicas que se saen das marxes dos xéneros. 

The contents of this page were updated on 04.10.2024.