Skip to main content

XXX Festival de Teatro Universitario de Lugo

Representación de 'Deixando a pel', da compañía de Teatro USC-Lugo

04.16.2024 | 20.30h

Auditorio Gustavo Freire
Lugo

A Compañía de Teatro USC-Lugo, que dirixe Andrea González, estrea a peza 'Deixando a pel' no Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Cartaz de 'Deixando a pel'
Cartaz de 'Deixando a pel'

A compañía de Teatro USC-Lugo, dirixida por Andrea González, estrea a peza 'Deixando a pel' o 16 de abril, ás 20.30 h, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, dentro do marco do 30 Festival de Teatro Universitario. A entrada é libre e de balde.

O 17 de abril, ás 11.00 h, haberá unha función para Institutos (dirixida a 2º BAC). Despois da función farase un coloquio entre as actrices, a directora e o alumnado. As peticións serán atendidas por orde de chegada en cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal)

'Deixando a pel', danza entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada. Cal é o límite dunha persoa? Non é a sociedade a que está mal? Canto podemos oprimir a un ser humano ata que faga o innomeable? Xuventude, amor, suicidio adolescente, disforia de xénero e crítica social.", explica Andrea González, directora da peza.

Unha dramaturxia inspirada libremente na personaxe de Segismundo da obra ‘A vida é soño’ de Calderón de la Barca, na película ‘Laurence Anyways’ de Xavier Dolan e en múltiples investigacións e relatos anónimos.

The contents of this page were updated on 04.15.2024.