Skip to main content

Ciclo Cultura en Mazarelos

Conferencia de Atocha Aliseda: 'Intelixencia artificial e creatividade: de Leibniz a ChatGPT?'

04.04.2024 | 12.30h-14.30h

Santiago de Compostela

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Actos da Facultade de Filosofía acolle este xoves 4 de abril ás 12.30 horas unha nova conferencia do ciclo Cultura en Mazarelos. Nesta ocasión a profesora Atocha Aliseda impartirá a conferencia 'Intelixencia artificial e creatividade: de Leibniz a ChatGPT?'. A profesora Aliseda é experta nos estudos do razoamento abductivo e no seu rol na creatividade, a investigación científica e a intelixencia artificial, moi particularmente no ámbito do diagnóstico médico. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.

Atocha Aliseda graduouse en Matemáticas na Facultade de Ciencias da UNAM en México e doutorouse en Filosofía e Sistemas Simbólicos na Universidade de Stanford (California, Estados Unidos.). É investigadora do Instituto de Investigaciones Filosóficas da UNAM e investigadora María Zambrano na UNED (2022-2024).

É autora, entre outras publicacións, dos libros Abductive Reasoning: Logical Investigations into Discovery and Explanation (Springer, Synthese Library, 2006) e La lógica como Herramienta de la Razón: Razonamiento Ampliativo en la Creatividad, la Cognición y la Inferencia (Cuadernos de Lógica, Epistemología y Lenguaje, Volumen 6, College Publications, Milton Keynes, UK, 2014). Actualmente tamén é coordinadora do Seminario de Epistemología de las Ciencias de la Salud (UNAM, México).

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
The contents of this page were updated on 04.01.2024.