04.24.2024 | 19.30h-22.00h
Casa do Saber
Salón de Actos
A nova sesión de Filmoteca organizada polo Club Cultural Valle-Inclán na Casa do Saber proxecta un filme de Robert Bresson

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o vindeiro mércores 24 de abril, no Salón de Actos da Casa do Saber de Lugo, ás 19.30 horas, o filme 'Diario de un cura rural' (1951, Francia, 120 mns, VOSE), de Robert Bresson. Esta produción, que obtivo o 'Premio OCIC' no Festival de Venecia, foi nominada a mellor actor estranxeiro (Claude Laydu) nos premios BAFTA e foi 'Top Mellores películas estranxeiras' no National Board of Review.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.