04.08.2024 | 11.00h

O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación acolle este luns 8 de abril a partir das 11.00 horas a presentación de A Sementeira, un proxecto dixital de traballos do estudantado do centro e de ex alumnas e ex alumnos. Trátase dunha fiestra para conectar a Facultade coa sociedade nun espazo alternativo que fomentará a creatividade e a innovación do estudantado dos graos en Xornalismo, Comunicación Audiovisual e o dobre grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual, así como do Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia.
O acto vai presentalo o alumnado titor da Facultade e participarán membros do equipo decanal, o profesorado que coordina o proxecto e o equipo de redes sociais do centro.