Skip to main content

Exposición 'Tras as nubes', de Edmundo Paz

04.12.2024-06.12.2024

Claustro Alto
Santiago de Compostela

Exposición Tras as nubes
Exposición Tras as nubes

O Claustro Alto do Colexio de Fonseca acolle desde o venres 12 de abril a mostra de pintura 'Tras as nubes' de Edmundo Paz, que se inaugurará ás 13.00 horas nun acto que contará coa presenza do propio artista e da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias.

"... O continuo proceso que evidencia a vida e os desexos de Edmundo, que non é moi diferente da recondución da subxectividade e da autorreflexividade da que nos fala Saúl Ostow, cando quere implicar estes conceptos no corazón das preocupacións do que asumiu a pintura abstracta como linguaxe ideal despois da súa resurrección postformalista nos noventa, afastándose, iso si, da imaxe historicista ou da súa simple obxectualidade, aínda que para iso teña que acentuar a relación entre a consciencia e a experiencia. E a través da metáfora ou de calquera tropo usual da linguaxe, que non é senón o xesto, a grafía da pegada, poder representar a estrutura complexa da realidade, a nosa propia realidade.", explica o gran curador X. Antón Castro.

A exposición estará aberta ata o 12 de xuño de 2024 e poderás vela en horario de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas. A entrada é aberta e de balde.

The contents of this page were updated on 04.12.2024.