Skip to main content

Encontro Nacional de Estudantes de Pedagoxía

04.17.2024 | 10.00h
Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. FOTO: Santi Alvite

Este mércores 17 de abril ás 10.00 horas comeza no edificio da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur o Encontro Nacional de Estudantes de Pedagoxía, que se desenvolverá ata as 20.00 horas. Presidirá a inauguración o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijóo, que está acompañado pola decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar Lorenzo; pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel, e polo estudante do grao en Pedagoxía da USC Luis Carrera.

Ás 10.15 horas Fernando Gil Cantero da Universidade Complutense de Madrid pronunciará a conferencia '20 razóns para querer a Pedagoxía' e tras o descanso, ás 11:45 horas desenvolverase a mesa de experiencias 'Abrindo camiños dende unha mesma orixe. A Pedagoxía'. Pola tarde ás 16.00 horas terá lugar a mesa redonda 'Estudantado de Pedagoxía. Futuras voces profesionais da Educación'; ás 17.30 horas empeza o taller 'Like ou dislike? O impacto da Pedagoxía en Redes Sociais' e ás 18.30 horas a mesa redonda 'Ao fío dos tempos: a visión do profesorado de Pedagoxía'. Ás 20.00 horas clausura o encontro Mar Lorenzo.

The contents of this page were updated on 04.16.2024.