Skip to main content

24 Mostra de Teatro Universitario de Galicia

04.22.2024-04.30.2024

Teatro Principal e Sala Roberto Vidal Bolaño

Do 22 ao 30 de abril celébrase a 24ª edición desta cita anual organizada desde a Aula de Teatro da USC

24 Mostra de Teatro Universitario de Galicia
24 Mostra de Teatro Universitario de Galicia

A XXIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia desenvolverase en Compostela entre os días 22 e 30 de abril.

As representacións dos días 22, 23, 24 e 30 terán lugar no Teatro Principal ás 20.30 horas, e as dos días 26, 27 e 29 de abril terán lugar na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño ás 21.00 horas. A entrada é de balde previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.00 horas para as funcións no Teatro Principal, e ás 20.30 horas para as funcións na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

A compañía independente Calopsia Teatro (USC, Curso de Iniciación ao Teatro) abre esta edición do festival o luns 22 de abril coa peza 'Salón Colorado (The Colorado Lounge)', de Helena Salgueiro.

O martes 23 de abril é a quenda para a Compañía de teatro da USC do Campus de Lugo coa representación 'Deixando a pel' unha dramaturxia de Andrea González inspirada no personaxe de Sexismundo da obra 'A vida é soño, de Calderón de la Barca; na película 'Laurence Anyways', de Xavier Dolan, así como en relatos anónimos.

'Desequilibrios', unha dramaturxia de Fernando Dacosta inspirada en 'Alguén voou sobre o niño do cuco', de Ken Kesey, é a obra coa que o Grupo Maricastaña da Aula de teatro do Campus de Ourense intervén no festival o mércores 24 de abril.

O venres 26 de abril a compañía independente El Enredo, da USC, representará 'Calígula', de Albert Camus, unha adaptación de Noelia Miguens e Andrés Fernández.

'Ollos que non ven', unha peza de Marta Casais e Antía Cortegoso, será representada o sábado 27 de abril pola compañía independente Brinco de Venus, da USC.

O luns 29 de abril é o día no que a Aula de teatro da USC - Escola de Teatro represente 'Antropoloxía do bico (a síndrome do túnel carpiano)', unha peza con textos de Paulinho Pereiro, Laura Valeiras, Roberto Salgueiro, Maurice Blanchot e Leila Guerriero.

E finalmente, a compañía independente 'Labarata Producións' (USC) representará 'Apto/Non apto', unha creación colectiva a partir de 'Os que non fan nada', de Issac Badía.

The contents of this page were updated on 04.30.2024.