Skip to main content

Conmemoración do Día do Traballo en Relacións Laborais

04.26.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Relacións Laborais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Relacións Laborais. FOTO: Santi Alvite

Este venres 26 de abril conmemórase o Día do Traballo na Facultade de Relacións Laborais, coincidindo coa celebración do Día do Centro. Tras a apertura do acto ás 12.00 horas, á que asistirá o decano do centro, Jesús F. Salgado Velo, terá lugar ás 12.15 horas a conferencia 'Redefinición da xubilación: o emprego ponte como evolución da cultura do “pro-retiro” ao “pro-traballo”, a cargo de Carlos María Alcover de la Hera, catedrático de Psicoloxía Social da Universidade Rey Juan Carlos.

A partir das 13.15 horas será a entrega dos premios Profesor Javier Marañón para o estudantado que represente mellor os valores sociais e académicos da Facultade e da profesión; Elizabeth Suárez ao mellor expediente académico do curso 2022/23; Profesor Joaquín Vidal Portabales aos mellores traballos de fin de grao do curso 2022/23 e premio á excelencia académica do profesorado da Facultade, que inclúe cinco galardóns. Ás 13.30 horas terá lugar a clausura do evento.

The contents of this page were updated on 04.26.2024.