04.16.2024-05.24.2024
Santiago de Compostela

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) e o Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia abren o martes 16 de abril na Igrexa da Universidade a exposición ’A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego'.
A mostra reúne un total de 73 obras de fotógrafos de prensa que traballan na nosa comunidade e procura poñer en valor o seu labor, algúns deles con décadas de experiencia, dando a coñecer ao gran público unha representación da obra de cadanseu, que nalgúns casos son inéditas e, noutros, foron publicadas en medios impresos galegos.
Poderás ver esta mostra ata o 24 de maio de 2024, de martes a sábado, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.