Skip to main content

A Fundación USC Deportiva convoca un novo curso de iniciación á meditación

Tras a boa acollida do curso de iniciación á meditación que a Fundación USC Deportiva organizou o pasado mes de marzo, acaba de convocar unha nova edición para o 3 de xuño. Nela, o alumnado aprenderá ferramentas e habilidades que mellorarán a capacidade de manexar o estres e as condicións de saúde relacionadas con el, incrementar a concentración, aumentar a relaxación física e mental e reducir preocupacións.

O curso desenvolverase o sábado de xuño de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30 horas na Residencia Universitaria Monte da Condesa. Estará impartido por Amancio Rial, profesor de tai chi, kung fu e meditación da Fundación USC Deportiva, e diríxese a calquera persoa interesada en achegarse ao mundo da meditación, polo que non é necesaria ningunha experiencia previa.

A inscrición deberá formalizarse a través da páxina web da Fundación. O custo do curso é de 47 € (52,70 € coa comida incluída) e as prazas son limitadas (máximo 12 participantes) polo que se recomenda realizar a reserva o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición para a súa adxudicación.

The contents of this page were updated on 04.17.2017.