Skip to main content

Encontros Americanos na Granell

As violencias no Ecuador de hoxe

04.24.2024 | 19.00h

Fundación Eugenio Granell
Santiago de Compostela

Fachada do Pazo de Bendaña, sede da Fundación. FOTO: Fundación Granell
Fachada do Pazo de Bendaña, sede da Fundación. FOTO: Fundación Granell

Este mércores 24 de abril a partir das 19.00 horas desenvólvese na sede da Fundación Eugenio Granell no pazo compostelán de Bendaña unha nova conferencia do ciclo 'Encontros Americanos na Granell'. Leva por título 'As violencias no Ecuador de hoxe: Algunhas claves para entender a crise' e será impartida por Viviana Buitrón Cañadas.

Os Encontros Americanos na Granell teñen como finalidade ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo. Desenvólvense na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.

Os seus participantes son especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
The contents of this page were updated on 04.24.2024.