Skip to main content

Consello de Goberno

04.26.2024 | 09.30h

Santiago de Compostela
Salón Reitoral

Colexio de San Xerome, sede da reitoría da USC. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome, sede da reitoría da USC. FOTO: Santi Alvite

Este venres 26 de abril terá lugar no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 09.30 horas en primeira convocatoria e ás 10.00 en segunda unha sesión de Consello de Goberno ordinario que presidirá o reitor Antonio López.

Nela estudaranse propostas de doutoramento Honoris Causa, propostas de contratación e prórrogas de profesorado emérito, de nomeamento e prórrogas de profesorado e persoal investigador ad honorem, de prórroga de contrato de PACS e de concesión de licenzas por ano sabático.

Así mesmo, analizaranse o Acordo sobre réxime do profesorado asociado de Ciencias Veterinarias, a proposta de comisión de selección dunha praza de profesorado axudante doutor; a aprobación, se procede, do Plan do Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos (PTXAS) 2024-2025, do Regulamento de estudos de doutoramento da USC, da modificación substancial da memoria do Máster Universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento (NUTRENVIGEN-G+D Factors) para a súa implantación no curso 2024-2025 e dunha nova versión do documento 'Política de Seguridade da Información'.

Tamén se estudará a aprobación, se procede, da creación da cátedra institucional Carvalho Calero;  dos parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG no curso 2025-2026, dos premios extraordinarios de doutoramento do curso 2021-2022, da modificación do Regulamento da Rede de Estacións Biolóxicas da USC, do Acordo de adscrición da Estación Biolóxica do Courel ao IBADER e da modificación da RPT de PTXAS.

A continuación analizarase a aprobación, se procede, de cursos de estudos propios, de memorias de estudos propios e abordarase a transferencia de coñecemento. Ratificarase, se procede, a modificación do Regulamento de Réxime Interno da Escola Técnica Superior de Enxeñaría; a Normativa de matrícula, elaboración e defensa do TFG do Grao en Veterinaria. Os seguintes puntos abordarán os convenios, a modificación de tarifas e asuntos económicos.

Finalmente presentarán os seus informes o reitor, as vicerreitoras e vicerreitores, o xerente e a secretaria xeral, concluíndo a sesión cunha rolda aberta de intervencións.

The contents of this page were updated on 04.23.2024.