Enquisa de satisfacción do estudantado coa docencia

Enquisa de satisfacción do estudantado sobre a docencia recibida no 2º semestre do curso 2024/25.
Esta enquisa é moi importante nos procesos de avaliación da calidade docente. Os seus resultados utilízanse para elaborar plans de mellora e son fundamentais para as acreditacións dos títulos e a valoración do profesorado.
Se o número de alumnos/as non é suficientemente representativo, estas enquisas non poderán usarse para os fins que se perseguen.
A enquisa é totalmente anónima.
Prazo: ata o 8 de maio de 2025.