Imposición de becas no Colexio Maior Fonseca
O Colexio Maior Fonseca da USC celebra este mércores 19 o seu acto académico de imposición de becas, insignias e diplomas correspondentes á promoción de colexias do curso 2016-2017. A cerimonia presidiraa o reitor Juan Viaño ás 20.15 horas e nela intervirá como convidado de honra o director xeral do Injuve, Javier Dorado Soto, a quen se lle imporá, xunto co ex director do centro José Martínez Fernández, a beca de honra do colexio.
No acto participarán, ademais dos colexiais, o director do CM Fonseca, Rubén Miranda, e a secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro.