Skip to main content

Conferencia ‘A (r)evolución do imaxinario: ontoloxía da creación e cambio social radical’

05.07.2024 | 19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos da Facultade de Filosofía

A cargo de Celso Sánchez Capdequí, do Departamento de Socioloxía e Traballo Social da Universidade Pública de Navarra

Facultade de Filosofía
Facultade de Filosofía

O martes 7 de maio, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC (Praza Mazarelos), terá lugar unha nova conferencia da serie ‘Cultura en Mazarelos’. Nesta ocasión, o profesor Celso Sánchez Capdequí, do Departamento de Socioloxía e Traballo Social da Universidade Pública de Navarra, impartirá a conferencia ‘A (r)evolución do imaxinario: ontoloxía da creación e cambio social radical’.

A investigación do profesor Sánchez Capdequí céntrase na cuestión da creatividade da acción social atendendo ás causas que explican a súa escasa presencia nos debates sociolóxicos actuais. En diálogo con autores como C. Castoriadis, H. Joas ou A. Giddens, o profesor Sánchez Capdequí explora as bases discursivas da relixión, a cultura e a arte como expresións creativas da sociedade. É autor de libros como Imaginación y sociedad: una hermenéutica creativa de la cultura (Tecnos, 1999), Las máscaras del dinero: el simbolismo social de la riqueza (Anthropos, 2004) e En los Límites de la Con-Fusión. Miedos, Riesgos y Urgencias de la Sociedad de la Información (Los libros de la Catarata, 2010).

Na charla en Filosofía falará de como o Imaxinario constitúe un avance substantivo e orixinal na investigación social sobre a creatividade. Na proposta que se está a valorar, e que explicará na súa charla, pénsase desde unha ontoloxía non-esencialista. O imaxinario é creativo porque reflexiona sobre o xurdimento histórico dos ideais sociais. O cambio social implica descontinuidades radicais que non poden ser explicadas por causas deterministas.

Nesta conferencia analízase a relación crucial entre cambio e imaxinario social principalmente desde a perspectiva aberta na obra do sociólogo francés de orixe grega Cornelius Castoriadis sobre as institucións sociais, o imaxinario e a creatividade. Castoriadis é autor das importantes obras A institución imaxinaria da sociedade (1975), Capitalismo moderno e revolución (1979), Suxeito e verdade no modelo socio-histórico (2002) e Fenêtre sur le chaos (2007).

 

The contents of this page were updated on 05.02.2024.