Skip to main content

Liga Pro Team Drones

05.10.2024-05.11.2024 | 10.30h

Campo de hóckey - Campus Sur
Santiago de Compostela

O campo de hóckey sitúase á beira do Colexio Maior Fonseca
O campo de hóckey sitúase á beira do Colexio Maior Fonseca

O campo de hóckey do Campus Sur compostelán é o escenario escollido para o desenvolvemento este venres 10 e o sábado 11 de maio de exhibicións e competicións da Liga Pro Team Drones.

O venres entre as 10.30 e as 13.30 horas terán lugar os obradoiros escolares, charlas e entrevistas. A partir das 16.00 horas desenvolverase o concurso 'Voa o teu dron' e ás 20.30 horas comezarán os primeiros adestramentos dos equipos participantes na Liga. Ás 21.30 horas realizarase a presentación dos equipos participantes.

O sábado haberá adestramentos desde as 10.00 horas e ás 15.00 horas comezará a rolda de clasificación, que deixará paso a unha actuación musical de Beat&Soul ás 22.00 horas. Ás 22.30 horas iniciaranse as semifinais e ás 23.30 haberá unha nova actuación. Ás 00.00 horas empezará a gran final e ás 00.20 concluirá a xornada coa entrega de premios.
 

The contents of this page were updated on 05.10.2024.