16/5/2024 - 7/6/2024

Con motivo do Día das Letras Galegas 2024, na Biblioteca de Filoloxía exhíbese a mostra bibliográfica 'Luísa Villalta: todos os versos, todas as cores'. Nela recompílanse títulos propios da autora, así coma outros títulos que estudan e afondan na súa figura tanto no eido persoal coma no artístico.
A exposición estará na entrada da Biblioteca dende o 16 de maio ata o 7 de xuño. Todas as obras estarán dispoñibles para o préstamo. A Biblioteca de Filoloxía homenaxea así a Luísa Villalta neste seu 17 de maio e, ao mesmo tempo, impulsa o coñecemento da súa obra e da súa figura.