Skip to main content

Fóra de si (Plataforma. Festival de artes performativas)

05.19.2024 | 20.00h-21.00h

Santiago de Compostela

Estrea de 'Fóra de si', un encontro entre Nuria Sotelo e Luz Arcas

Nuria Sotelo e Luz Arcas
Nuria Sotelo e Luz Arcas

O Festival de artes performativas naceu cunha vocación e un obxectivo que continúan na actualidade: enriquecer a potencia cultural de Santiago de Compostela. É un proxecto de Compostela Cultura de carácter transversal que, baixo o fío da performatividade, trata de tender pontes entre artes visuais e artes vivas, a música, a arquitectura, a poesía e outras disciplinas artísticas, traballando en rede e programando accións performativas que están na liña de acción doutras institucións públicas ou privadas como o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación DIDAC, ou a sede de SGAE, Sociedad General de Autores e Editores, entre outras.

No marco deste festival, o domingo 19 de maio ás 20.00 horas, na Igrexa da Universidade, estréase a performance 'Fóra de si', un encontro entre Nuria Sotelo e Luz Arcas froito do Ciclo Conexións A Casa Vella, un proceso de creación despois de diversos encontros virtuais e epistolares. O punto de partida é a investigación que Luz Arcas está a realizar ao redor de El cuerpo jondo: “Levo uns anos traballando no jondo como motor de movemento interno e punto de partida para os meus bailes. Na busca expresiva e experimental, desligada formalmente de calquera tradición, pero conectada enerxéticamente coas expresións da miña terra, co flamenco, os ritos e supersticións, co folclore andaluz e os seus bailes e cantes do arraigo.” Luz tratará de acompañar a Nuria nunha viaxe similar, alimentada da súa propia experiencia do mundo, do corpo, a súa comunidade. O concepto e coreografía da performance están a cargo de Luz Arcas.

As entradas están á venda en plataforma.gal.

The contents of this page were updated on 05.13.2024.