05.22.2024 | 18.00h

O Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía continúa coa proxección do filme 'Europa '51' (1952), do cineasta italiano Roberto Rossellini (VOSE, 110 minutos). Será este mércores 22 de maio ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade e a presentación da sesión correrá a cargo do profesor Ángel Enrique Carretero Pasín (Departamento de Filosofía e Antropoloxía). A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.
A actividade forma do proxecto Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC.
