Skip to main content

O luns entréganse na USC os premios Valentín Paz Andrade e Jesús García Calvo

O reitor da USC Juan Viaño preside o luns 6 o acto de entrega da terceira edición dos premios Valentín Paz Andrade e Jesús García Calvo que convocan o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (Idega) en colaboración co Consello Económico e Social de Galicia (CES-Galicia) e con Feiraco, respectivamente.

O acto, no que entre outros participarán o presidente da Fundación Feiraco, José Montes Pérez, e a presidenta do CES-Galicia, Corina Porro Martínez, dará comezo ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca co relatorio ‘Descubrindo o “vello” mundo: afrontar o reto demográfico dende a investigación interdisciplinar’ a cargo do profesor da USC e investigador do Idega, Melchor Fernández Fernández.

A continuación, entregaranse os premios Jesus García Calvo en investigación en desenvolvemento rural e cooperación. Primeiro serán Juan Manuel Trillo Santamaría e Valerià Paül Carril quen o reciban na modalidade de textos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas polo traballo ‘Transboundary protected areas as ideal tools? Analyzing the Gerês‐Xurés transboundary biosphere reserve’. Seguiralles Damián Copena Rodríguez pola súa tese ‘Enerxía eólica e medio rural: unha análise aplicada dos impactos socioeconómicos dos parques eólicos no mundo rural galego’ e Diego Gómez Méndez polo seu traballo ‘O sector lácteo en Galicia: dinámica recente e perspectivas nun mercado liberalizado’.

O premio Valentín Paz Andrade recaeu no traballo ‘La gestión del riesgo y el seguro en la empresa gallega’, do que é director Luis A. Otero González e son autores Pablo Durán Santomil, Rubén Lado Sestayo, Milagros Vivel Búa e Luis Ignacio Rodríguez Gil, e que foi publicado pola editorial Fundación Inade en 2015.

The contents of this page were updated on 02.03.2017.