Skip to main content

Dous concertos de koto e wa-daiko mostrarán a musica tradicional xaponesa

Dous concertos de koto e wa-daiko mostrarán a musica tradicional xaponesa
Dous concertos de koto e wa-daiko mostrarán a musica tradicional xaponesa
O mércores 8 e o xoves 9 na Igrexa da Universidade con entrada libre

A música será a protagonista a vindeira semana dunha nova iniciativa a prol da difusión na USC da cultura xaponesa. O Centro de Linguas Modernas (CLM), a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social coa colaboración da Fundación Xapón en Madrid celebrarán dous concertos de música xaponesa, destacando dous instrumentos tradicionais: koto e Wa-daiko. Ambos concertos celebraranse na Igrexa da Universidade con entrada libre ata completar aforo.

O koto é un instrumento que consta dunha caixa de resonancia e ten, tradicionamente, 13 cordas e seda, todas do mesmo grosor, acompañado os pequenos pontes. Non obstante, no concerto do próximo mércores 8 está convidado dende Xapón un músico especialista no de 25 cordas, Tomoya Nakai.

O segundo dos instrumentos protagonistas dos recitais da vindeira semana é un tambor xaponés tradicional que mostra os ritmos tradicionais de Xapón, xuntanza forza e paixón. O músico Keita Kanazashi, igualmente convidado dende o seus país de orixe, mostrará a súa música a través de cinco tambores diferentes. Na música tradicional xaponesa, a melodía, os instrumentos e as vestimentas son elementos destacados da posta en escena con múltiples variantes.

The contents of this page were updated on 02.03.2017.