Skip to main content

Medicina acolle a proxección do documental 7 days 7 cities

O Salón de Actos da Facultade de Medicina acolle este luns 6 a proxección do documental 7 days 7 cities, segunda parte de This is life, que narra o nacemento e expansión da nova técnica para operar cancro de pulmón Uniportal VATS, creada polo cirurxián galego Diego González Rivas. A cinta é unha road movie ao longo de China para narrar como o cirurxián opera e ensina a súa novidosa técnica en sete cidades no transcurso dunha semana, algo que non se tiña feito nunca. En total para a rodaxe foi preciso percorrer 50.000 quilómetros e tomar dezaseis voos de avión.

The contents of this page were updated on 02.06.2017.