Skip to main content

O reitor imporalle este martes a Insignia de Ouro da USC a Emilio Rolán Mosquera

Está recoñecido como o científico que descubriu máis especies mariñas novas para a ciencia no que vai do século

O reitor Juan Viaño imporalle este martes 7 a Insignia de Ouro da USC a Emilio Rolán Mosquera pola súa destacada colaboración coa universidade compostelá. Investigador ad honorem da USC, está recoñecido polo World Register of Marine Species (WoRMS) como o científico que descubriu máis especies mariñas novas para a ciencia no que vai do século XXI, con máis de mil. En 2003 doou á USC a súa colección malacolóxica, unha das mellores coleccións de moluscos de Europa cun volume próximo ao millón de pezas.

O acto protocolario de imposición da Insignia de Ouro da USC celebrarase no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 13.00 horas. Esta é unha distinción que concede o reitor a aquelas persoas físicas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á institución, xa sexa pola súa duración ou continuidade no tempo ou pola súa especial relevancia ou significación.

The contents of this page were updated on 02.06.2017.