Skip to main content

A Aula TIC-Pemes da USC pon en marcha unha nova edición do obradoiro sobre xestión de tendas virtuais con Prestashop

Cartaz do obradoiro de xestión de tendas virtuais
Cartaz do obradoiro de xestión de tendas virtuais
O programa formativo en liña está estruturado en 50 horas lectivas e desenvolverase do 17 de febreiro ao 29 de marzo. A inscrición permanece aberta na web ata o día 16

A Aula TIC Pemes da USC pon en marcha unha nova edición do seu obradoiro virtual de xestión de tendas virtuais con Prestashop, un programa formativo en liña estruturado en 50 horas lectivas que se desenvolverá do 17 de febreiro ata o 29 de marzo de 2017. As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición neste obradoiro, orientado fundamentalmente a autonómos e empresarios, pero aberto á participación de todos os maiores de idade, pode inscribirse ata o 16 de febreiro a través do formulario habilitado na web da Aula TIC Pemes da USC. O custe xeral da matrícula é de 60 euros, unha taxa que se verá reducida nun 50% para todas as persoas vinculadas coa USC ou que mantiveran esta ligazón no pasado. As persoas que completen a formación impartida ao abeiro deste obradoiro recibirán cadanseu certificado acreditativo da Aula TIC-Pemes da USC.

The contents of this page were updated on 02.06.2017.