Skip to main content

Conferencia 'Atmospheres of Projection: Environmentality in Art and Screen Media’ a cargo de Giuliana Bruno

06.03.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Será o 3 de xuño ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía

Giuliana Bruno
Giuliana Bruno

A profesora Giuliana Bruno, catedrática de estudos visuais e ambientais da Universidade de Harvard, impartirá o vindeiro 3 de xuño, ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, o relatorio ‘Atmospheres of Projection: Environmentality in Art and Screen Media’ baseado no seu último libro (University of Chicago Press, 2022) co mesmo título.
 
No evento, organizado polo Grupo 'Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades (IDEAHS)’ da USC en colaboración coa Associação de Investigadores da Imagem em Movimento (AIM), Bruno falará da forma na que as proxeccións transforman o espazo ao crear atmosferas e ambientes visuais dende os tempos dos xogos de sombra, as cámaras escuras e os espectáculos de lanternas máxicas até o noso presente, un tempo no que a fascinación polas proxeccións continúa viva nas paredes de museos, galerías de arte e cinemas.

Ao explorar as historias da proxección e da atmosfera na cultura visual, esta conferencia salienta a súa continua relevancia para cineastas, artistas e arquitectos contemporáneos que están reinventando a imaxinación proxectiva co pensamento atmosférico e o emprego de medios elementais.
 
Centrándose na cultura da pantalla, Bruno analiza unha serie de mecanismos proxectivos e mailos seus ambientes. O seu discurso aborda a teoría cultural, a filosofía ambiental, a arquitectura, a psicanálise e a historia da ciencia, así como a arte visual e os medios de comunicación. Este relatorio, polo tanto, xungue as imaxes en movemento coa ecoloxía da atmósfera ao amosar como 'ambientalidade' da arte da proxección produce lugares de intercambio e de relacións.

 

The contents of this page were updated on 05.29.2024.