Skip to main content

Xornada ‘Aprendizaxe ao longo da vida. Un reto para o século XXI’

05.31.2024 | 10.00h-10.15h

Organizada pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior desenvolve este venres 31, na Facultade de Humanidades da USC no Campus de Lugo, a xornada ‘Aprendizaxe ao longo da vida. Un reto para o século XXI’, que bota a andar a partir das 10.00 horas coa participación do adxunto para o Campus de Lugo, Antonio Álvarez. O relatorio inaugural correrá a cargo de Carlos Herrero Latorre, catedrático de Química Analítica da USC, baixo o título ‘O Campus Terra: pasado, presente e futuro’.

A sesión contará con diversas mesas redondas nas que se abordarán cuestións como o envellecemento saudable e con relatorios como o de Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor emérito da USC que profundará nas árbores senlleiras de Galicia.

 

The contents of this page were updated on 05.30.2024.