Enmarcada no Ciclo de Cinema Filosófico

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico que organiza o Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía será o vindeiro mércores día 5 de xuño ás 18:00h no Salón de Actos da Facultade. Proxectarase unha sesión de curtas experimentais sobre relatos de Franz Kafka (1883-1924) en conmemoración do centenario do seu pasamento.
Trátase dunha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC. A entrada é de balde ata completar aforo.
Lista de filmes:
Alexander Alexeieff: "Ante a lei", fragmento de "O proceso" (1962), de Orson Welles, 3 min.
Caroline Leaf: "The Metamorphosis of Mr. Samsa" (1977), 10 min.
Tom Gibbons: "The Hunger Artist" (2002), 16 min.
Kōji Yamamura: "Kafuka: Inaka Isha" [Un médico rural] (2007), 21 min.
Ivan Orlenko: "In our synagogue" (2019), 20 min.
