Skip to main content

Quinto concerto do ciclo da integral de sonatas para piano de Beethoven a cargo de Eriko Ishimoto

Quinto concerto do ciclo da integral de sonatas para piano de Beethoven a cargo de Eriko Ishimoto
Quinto concerto do ciclo da integral de sonatas para piano de Beethoven a cargo de Eriko Ishimoto

A pianista xaponesa Eriko Ishimoto ofrece este martes 14 o quinto concerto do ciclo dedicado á integral de sonatas para piano de Beethoven. O recital, de entrada libre ata completar aforo, será ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade.

Ishimoto comezou os seus estudos en Tokio co profesor H.Hayashi, para continuar na Academia Franz Liszt de Budapest e no Conservatorio Groninger de Holanda. Actualmente traballa en Santiago de Compostela como profesora de piano na Escola de música Berenguela e como pianista na Escola de Altos Estudos Musicais.

Entre os galardóns acadados destacan o diploma especial no Concurso Internacional Vincenzo Bellini (1994), o 2º premio no Concurso Internacional Cittá di Mazara del Vallo (1996), a mención ‘ The highest place as a pianist’ no Concurso F.M. Classics de Amsterdam (1997), o premio Schubert no Concurso Internacional Viotti-Valsesia e o 3º premio no Concurso Internacional A.M.A. Calabria (1999).

Programa do concerto
Sonata 19 en Sol menor, Op. 49 n° 1 Andante; Rondó: Allegro
Sonata 20 en Sol maior, Op. 49 n° 2 Allegro ma non troppo II; Tempo di menuetto
Sonata 17 en Re menor, Op. 31 n° 2 (A tempestade) Largo-Allegro; Adagio; Allegretto
Sonata 16 en Sol maior, Op. 31 n° 1 Allegro Vivace; Adagio grazioso; Rondo: Allegretto
Sonata 18 en Mi bemol maior, Op. 31 n° 3 Allegro; Scherzo. Allegretto vivace; Menuetto: Moderato e grazioso; Presto con fuoco.

The contents of this page were updated on 02.13.2017.