Skip to main content

O Campus Terra da USC, á cabeza na formación de asesores rurais

Currle e Díaz, na apertura do módulo formativo no Cactus
Currle e Díaz, na apertura do módulo formativo no Cactus
Profesionais do sector agroforestal e gandeiro, e titulados universitarios participan nun programa acreditado de formación específica impartido polo alemán Jochen Currle

O edificio Cactus do Campus Terra da USC acolle este venres e sábado o un novo modulo de formación para asesores rurais e de explotacións agrarias no marco do programa de posgrao coordinado na USC polo profesor na Escola Politécnica Superior Florentino Díaz Rodríguez e cuxa superación é obrigatoria para a obtención do certificado europeo Cecra.

A formación de asesores/as rurais tense convertido nunha aposta da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, un centro que na actualidade constitúe única entidade que está a ofertar este tipo de programas específicos e de formación continua ao respecto. Daquela, logo de organizar a celebración de diversos módulos formativos ao longo dos últimos meses, nos que participaron neste tipo de cursos máis de medio centenar de persoas, a Escola Politécnica Superior da USC tense convertido no principal referente na formación de asesores de explotacións agrogandeiras en España e Portugal.

A docencia do módulo formativo que se desenvolve este venres e sábado no Campus Terra da USC estará impartida polo doutor alemán Jochen Curlee e polo tamén profesor doutor do Departamento de Produción Vexetal e Enxeñaría de Proxectos da USC na EPS Martín Barrasa Rioja.

Os obxectivos que pretenden os promotores deste programa formativo dirixido a profesionais do asesoramento rural, tanto particulares como de empresas ou da Administración, pasan por mellorar a eficacia dos actuais servizos de aconsellamento, a través da actualización de coñecementos, mellora da cualificación e da formación periódica e continuada dos asesores.

Participantes no programa de formación de asesores rurais

The contents of this page were updated on 04.07.2017.