Skip to main content

O Rodríguez Cadarso rende tributo ao colectivo de inmigrantes galegos que sufragaron a súa construción a comezos do pasado século

O Colexio Maior Rodríguez Cadarso celebrará este venres 7 o acto académico de imposición das súas Becas, acto que presidirá a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez Pérez, nunha sesión ás 20.30 horas no Salón de Actos do Colexio.

Neste ocasión, recollerá a Banda de Honra do Colexio o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, en nome das asociacións de inmigrantes galegos en América que sufragaron boa parte da construción deste Colexio Maior entre 1929 e 1936.

The contents of this page were updated on 04.06.2017.