Skip to main content

Obradoiro 'Comunicar ciencia na radio'

06.21.2024 | 10.30h

Santiago de Compostela
Estudio de Radio

Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

Este venres 21 de xuño entre as 10.30 e as 13.30 horas desenvólvese no Estudio de Radio da Facultade de Ciencias da Comunicación o obradoiro 'Comunicar ciencia na radio' organizado polo programa 'Efervesciencia', espazo de divulgación científica da Radio Galega producido pola USC.

O obradoiro será impartido por Manuel Vicente, director de 'Efervesciencia', máster en Comunicación Científica e doutor en Química. Está aberto a persoal investigador, estudantes de doutoramento, especialistas en tecnoloxía e innovación, etc. Terá carácter práctico e nel gravaranse contidos para emitir no espazo. A inscrición é gratuíta e o número de prazas é de seis máis dúas persoas suplentes.

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro
The contents of this page were updated on 06.18.2024.