Skip to main content

Sesión ordinaria do Consello de Goberno

O Consello de Goberno da USC reunirase este mércores 5 en sesión ordinaria para tratar diversos asuntos, entre eles o calendario académico para o curso 2017-2018 e a convocatoria de prazas para aloxamento no Sistema Universitario de Residencias da USC.

Este órgano de goberno universitario someterá a debate e aprobación ademais a modificación da Normativa de Avaliación e Rendemento Académico, o texto refundido do Regulamento de Estudos de Doutoramento e a Normativa de Permanencia.

Na mesma sesión someterase a aprobación a corrección das táboas de ponderación das materias para a admisión aos estudos universitarios do SUG e a ratificación do acordo entre a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a definición dos principios reitores da planificación da oferta académica universitaria no SUG ata o curso 2020-2021.

The contents of this page were updated on 04.04.2017.