Skip to main content

Conferencia Internacional sobre Teoría de Categorías CT2024

06.24.2024-06.29.2024

Santiago de Compostela
Aula Magna (sesións plenarias)

Facultade de Matemáticas. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Matemáticas. FOTO: Santi Alvite

Este luns 24 de xuño a partir das 9.30 horas dan comezo na Facultade de Matemáticas as sesións da Conferencia Internacional sobre Teoría de Categorías CT2024. A Conferencia está organizada coa colaboración da USC, da Universidade de Vigo, do Centro de Investigación e Tecnología Matemática de Galicia (Citmaga), o Ministerio de Ciencias e Innovación, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional. A inauguración, ás 9.00 horas, estará presidida pola decana da Facultade de Matemáticas compostelá, Elena Vázquez Cendón.

Este congreso, o máis importante en todo o mundo dentro da súa área, celebrouse por primeira vez no ano 1985, lévase celebrando anualmente dende entón, e esta será a primeira vez que se celebre en España. Esta edición contará con 190 participantes, sendo aproximadamente un 90% de persoal investigador doutros países, o que o converterá no Congreso Internacional de Teoría de Categorías máis multitudinario da historia.

Nesta edición os conferenciantes invitados plenarios son: Richard Garner (Macquarie University), Chris Heunen (University of Edinburgh), André Joyal (Université du Québec à Montréal), Sandra Mantovani (Università degli Studi di Milano), Robert Paré (Dalhousie University) e Martina Rovelli (UMass Amherst).

Entre os membros do Comité Organizador, atopamos os membros do CITMAga, Manuel Ladra da USC Xabier García Martínez da UVigo, e os investigadores Diana Rodelo (Universidade do Algarve) e Tim Van der Linden (UCLouvain).

The contents of this page were updated on 06.26.2024.