Skip to main content

Concerto ‘Dende a Física’, pola Banda Municipal de Santiago

06.27.2024 | 20.00h

Praza das Praterías
Santiago de Compostela

Trátase dun dos actos de conmemoración do 25º aniversario do IGFAE

O concerto forma parte dos actos de conmemoración do 25º aniversario do IGFAE
O concerto forma parte dos actos de conmemoración do 25º aniversario do IGFAE

A Banda de Música da Universidade compostelá e o IGFAE unen os seus camiños este xoves 27 de xuño, ás 20.00 horas na Praza das Praterías, no concerto 'Dende a Física', un dos actos de conmemoración do 25º aniversario do IGFAE. O recital é froito dunha colaboración entre as dúas institucións, na liña do achegamento do Instituto ao tecido social e cultural de Santiago de Compostela e o conxunto de Galicia.

O programa comezará con 'The Big Bang', de Bert Appermont, que aborda as orixes do universo tanto desde un punto de vista científico como filosófico e humano. Continuará coa banda sonora 'Mission to Mars', de Ennio Morricone, seguida de dúas pezas ('Marte' e 'Xúpiter') da famosa suite sinfónica 'Os Planetas', de Gustav Holst. Posteriormente, a Banda interpretará a obra 'La Quintessenza', de Johan de Meij, unha reflexión sobre a orixe da materia desde os elementos máis fundamentais. O concerto pecharase co pasodoble clásico 'Ciencia e Arte', do compositor galego Alejandro del Río.

 

The contents of this page were updated on 06.27.2024.