Skip to main content

Exposición ‘Fotografía da Natureza: Aves’

06.19.2024-10.13.2024

Coas obras presentadas ao IV Concurso ‘Fotografía da Natureza: Aves’

A entrada á exposición é gratuíta
A entrada á exposición é gratuíta

No pasado mes de xuño, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC resolveu a cuarta edición do seu Concurso de Fotografía da Natureza, que nesta ocasión poñía o foco nas aves.

O xurado, formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos na materia, decidiu conceder o primeiro premio a Juan Villarino Fernández-Ardisana polo seu traballo ‘Erithacus rubecula’, o segundo a Fernando Anido Pedreira pola fotografía ‘Lambón’ e o terceiro a Luis Gutiérrez Molina por ‘Sombra e cor’.

As tres obras gañadoras, xunto cunha selección das vinte mellores imaxes das 158 presentadas ao certame, poden agora visitarse nunha exposición temporal de balde no propio museo. O horario para contemplalas é de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas e os domingos en horario de mañá.

The contents of this page were updated on 09.27.2024.