Skip to main content

Inauguración do Congreso Mundial de Xenética Forense

09.10.2024 | 19.00h

Santiago de Compostela
Auditorio de Galicia

Desenvólvese en Santiago ata o 13 de setembro da man dos docentes da USC Ángel Carracedo e María Victoria Lareu en el daranse cita máis de mil especialistas de 62 países de todo o mundo

Esta importante cita científica desenvólvese no Auditorio de Galicia
Esta importante cita científica desenvólvese no Auditorio de Galicia

Compostela é a sede esta semana da 30 edición do Congreso Mundial de Xenética Forense, no que se darán cita máis de 1.000 especialistas de 62 países de todo o mundo. A inauguración, prevista para este martes 10 ás 19:00 horas no Auditorio de Galicia, contará coa participación, ademais do catedrático da USC e investigador principal do CiMUS da USC, Ángel Carracedo, e da directora da Unidade de Xenética Forense, María Victoria Lareu, ambos os dous ex directores do Instituto de Ciencias Forenses e presidentes deste congreso; do presidente da International Society for Forensic Genetics (ISFG), John Butler; dos conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Sanidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez e Antonio Gómez, respectivamente; e da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

É a segunda vez que Santiago acolle esta cita de referencia en xenética forense, remontándose a primeira delas a 1995, dado o carácter bienal deste encontro. Ao longo dos cinco días que durará o congreso abarcarase un amplo espectro de temas, desde os últimos avances en técnicas de perfís de ADN ata discusións sobre as consideracións éticas que sustentan o traballo neste campo, contando para iso con destacadas personalidades na materia como Manel Esteller (España), Carla Marshall (Estados Unidos), Maria Martinón (España), Peter Gill (Noruega), Bas Kokshoorn (Países Baixos), Duncan Taylor (Australia), Andreas Tillmar (Suecia) e Mariya Goray (Australia).

O presidente do Congreso, Ángel Carracedo, que actualmente é presidente da Academia Internacional de Medicina Legal (IALM) e presidiu a ISFG  de 2004 a 2008 e foi membro do seu equipo directivo durante 20 anos, destaca a arraigada historia de Santiago de Compostela no campo da xenética forense como fogar dun dos grupos máis activos neste campo:  o Instituto de Ciencias Forenses da USC, centro de referencia no ámbito mundial que liderou moitos anos a produción científica neste campo. “De feito, aquí se formaron moitas das persoas expertas que se darán cita neste encontro e analizáronse casos internacionais de moita notoriedade. O nivel deste Congreso non fai máis que elevar aínda máis o prestixio de Santiago en medicina forense”, sentencia. 

The contents of this page were updated on 09.09.2024.