Skip to main content

Mesa redonda 'O futuro dos hospitais veterinarios universitarios'

09.19.2024 | 16.30h-18.30h

Casa do Saber
Lugo

A sesión enmárcase nos actos conmemorativos do trixésimo aniversario da Fundación Rof Codina

O acto desenvólvese na Casa do Saber. FOTO: Santi Alvite
O acto desenvólvese na Casa do Saber. FOTO: Santi Alvite

A mesa redonda ‘O futuro dos hospitais veterinarios universitarios’ desenvolverase este xoves 19, a partir das 16.30 horas, na Casa do Saber de Lugo (Praza Pío XII). A sesión enmárcase nos actos conmemorativos do trixésimo aniversario da Fundación Rof Codina.

O acto contará coa participación do xerente da Fundación, Javier Ferreira; o decano da Facultade de Veterinaria, Gonzalo Fernández Rodríguez; José Antonio Rodríguez-Altonaga, director veterinario do Hospital Veterinario de León; e José Luis Benedito Castellote, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo. A mesa estará moderada por José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

A Fundación Rof Codina ten como principal misión o apoio permanente á docencia impartida na Facultade de Veterinaria de Lugo, alén de xestionar dous centros: o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina e o Centro de Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET). O primeiro está centrado na prestación de servizos asistenciais veterinarios, e o segundo, na investigación nos campos da biomedicina e a veterinaria. 
 

The contents of this page were updated on 09.18.2024.