Skip to main content

Unidade móbil de doazón de sangue en Filoloxía

09.26.2024 | 09.30h-21.00h

Santiago de Compostela

Unidade móbil de doazón de sangue. FOTO: Santi Alvite
Unidade móbil de doazón de sangue. FOTO: Santi Alvite

A Axencia de Doazón de Órganos e de Sangue de Galicia (ADOS) sitúa unha das súas unidades móbiles de doazón de sangue este xoves 26 de setembro diante da Facultade de Filoloxía, en horario e 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas.

Os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día para asegurar a total cobertura de necesidade deste recurso vital. Coa fin de cubrir esa demanda cada ano realízanse campañas de doazón por toda a xeografía galega, con especial atención aos campus universitarios nos que se conseguen case 5.000 doazóns anuais do seu estudantado. Destas, a USC sitúase á cabeza co 40% do total entre os seus campus de Santiago e Lugo.

The contents of this page were updated on 09.20.2024.