Skip to main content

Ciclo de cine filosófico: proxección de 'Raíña Cristina'

09.25.2024 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía retoma o Ciclo de Cinema Filosófico este mércores 25 de setembro cunha nova proxección ás 18.00 horas no Salón de Actos do centro. Nesta ocasión vaise proxectar o filme Queen Christina [Raíña Cristina] (1933), do director armenio-estadounidense Rouben Mamoulian, que se poderá ver en versión orixinal subtitulada.

Esta é unha actividade do proxecto Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da universidade. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.

Cartel que anuncia a proxección do filme
Cartel que anuncia a proxección do filme
The contents of this page were updated on 09.25.2024.