Skip to main content

Presentación do libro de Javier Carballo 'En la brecha del sexo: por un trabajo de igual valor'

09.30.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A obra aborda un problema que afecta a toda a poboación mundial debido á existencia dunha desigualdade estrutural baseada no sexo

Facultade de Relacións Laborais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Relacións Laborais. FOTO: Santi Alvite

O reitor Antonio López Díaz preside este luns 30 de setembro, a partir das 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais, a presentación do libro de Javier Carballo de Jesús En la brecha del sexo: por un trabajo de igual valor, editado pola Fundación Luís Tilve. Acompañaraos a ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz Delgado, e a vicedecana da Facultade de Relacións Laborais, Silvia Moscoso Ruibal.

Javier Carballo, graduado en Relacións Laborais pola USC e actualmente estudante de doutoramento, ofrece nesta obra unha análise sobre a desigualdade salarial abordando os motivos estruturais e os factores desta fenda entre homes e mulleres, achegando propostas de medidas e accións que poden axudar a combater esta diverxencia.

A obra, con prólogo da ex ministra Carmen Calvo, busca presentar un mapa de recursos xurídicos sobre a igualdade laboral e retributiva do ordenamento xurídico español, e reivindicar o papel dos sindicatos e da negociación colectiva na consecución da igualdade laboral.

Portada do volume
Portada do volume
The contents of this page were updated on 09.27.2024.