Skip to main content

Seminario 'Outro cinema español'

10.03.2024 | 09.30h
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O seminario 'Outro cinema español. Un balance aberto dende a creación e a investigación' desenvólvese o xoves 3 de outubro desde as 9.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía e o venres 4 de outubro tamén desde as 9.30 horas na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia.

O primeiro relatorio do xoves corre a cargo da catedrática emérita da USC Margarita Ledo, quen falará sobre 'No interior do labirinto: o corpo como documento'. Na mesma xornada tamén intervirán Beatriz Navas, Jara Yáñez, Anxo Abuín e Óscar Cornago.

O venres presentarán relatorios Fabrice Corrons, José Manuel Sande, Beli Martínez e Laura Ferrés e rematará o seminario cunha mesa redonda de cineastas: Xisela Franco, Álvaro Gago, Sonia Méndez e Alberte Pagán.

A asistencia é libre ata completar a capacidade dos espazos e o estudantado da USC poderá solicitar unha certificación de asistencia por 10 horas.

The contents of this page were updated on 09.27.2024.