Skip to main content

Gravación en directo

Podcast Las Hijas de Felipe

10.17.2024 | 21.00h

Santiago de Compostela

As entradas, un máximo de dúas por persoa, pódense recoller de balde o mesmo día do evento a partir das 19.30 horas

Las Hijas de Felipe
Las Hijas de Felipe

Las Hijas de Felipe, podcast no que se relaciona a época barroca coa actualidade, e que é desenvolvido por Carmen Urbita e Ana Garriga, chega ao Outono Cultural da USC para realizar a gravación en directo 'O inferno: destino turístico'.

A intervención de Las Hijas de Felipe está programada para o xoves 17 de outubro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade. As entradas poderanse recoller de balde o mesmo xoves a partir das 19.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso farase a partir das 20.45 horas.

Cartel da xornada
Cartel da xornada
The contents of this page were updated on 10.17.2024.