Skip to main content

Concerto de Nadal da Orquestra e Coro da USC

12.20.2024 | 20.00h

Santiago de Compostela

Con máis de 100 músicos e coralistas baixo as direccións de Mario Diz e José Luis Vázquez López, o evento ofrecerá un percorrido musical desde a tradición galega ata obras clásicas universais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

A Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela dará como cada ano o seu concerto de Nadal. O concerto será o venres 20 de decembro ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade.

Baixo a batuta de Mario Diz, director da Orquestra da USC, e José Luis Vázquez López, director do Coro da USC, este proxecto contará cun elenco de máis de 100 músicos e coralistas. Entre eles, destacan os músicos convidados como o violinista Roberto Santamarina. A diversidade das formacións, composta por estudantes, persoal e colaboradores da comunidade universitaria, é un reflexo do compromiso co talento e a educación musical.

O programa inclúe unha coidada selección de obras que combinan tradición e universalidade, desde a renacentista 'Non nobis Domine' de William Byrd ata o virtuosismo do 'Capricho Español' de Nikolái Rimsky-Korsakov. A riqueza cultural galega tamén terá un papel destacado coa interpretación da panxoliña 'Imos todos contentiños', arranxada polo director da orquestra, Mario Diz.

A entrada para o concerto é de balde, previa recollida de entradas, máximo unha por persoa, a partir das 19.00 horas do mesmo día no propio recinto. A apertura de portas será ás 19.45 horas.

The contents of this page were updated on 12.20.2024.