Skip to main content

Proxección de ‘La primavera Rosa’, nova sesión de CineFilo

10.08.2024 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de actos da Facultade de Filoloxía.

Contará coa presenza do seu director Mario de la Torre

Cartel do evento
Cartel do evento

O cineclube da Facultade de Filoloxía da USC CineFilo ten programado para o 8 de outubro unha nova sesión coa proxección de La Primavera Rosa, que ademais contará coa presenza do seu director Mario de la Torre. Será ás 17.00 horas no salón de actos da facultade de Filoloxía.

La Primavera Rosa é un proxecto documental global e multiplataforma que recolle a pluralidade xeográfica e temática dos problemas da comunidade LGTBIQ+ no mundo, adaptándose á situación particular de cada país. Tomando como referencia os acontecementos que xurdiron en 2010 coa revolución democrática árabe, nace o primeiro episodio ‘Cara a unha Primavera Rosa’, como metáfora daquelas revoltas que marcaron a recente historia actual de forma pública ou latente. 

A serie realiza unha radiografía en formato documental dunhas sociedades que, baixo diferentes marcos culturais, teñen un obxectivo en común: a loita polos Dereitos Humanos e un berro en favor da diversidade sexual. Como complemento a cada documental, atópase o denominado documentarybook, un ebook  interactivo que inclúe extras tanto narrativos como multimedia, xerando un libro electrónico cuxos obxectivos son pedagóxicos e de concienciación, ou unha experiencia en VR-360º, cos mesmos obxectivos. 
 

The contents of this page were updated on 10.02.2024.