Skip to main content

Concerto do Dúo Aida Gimeno e Carlos Sanchis

10.21.2024 | 20.30h-22.00h

Lugo
Casa do Saber

O ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ comeza este curso académico coa actuación do Dúo Aida Gimeno e Carlos Sanchis

Dúo Gimeno-Sanchís
Dúo Gimeno-Sanchís

O ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído dentro da programación do Outono Cultural, comeza este curso académico coa actuación do Dúo Aida Gimeno, voz, e Carlos Sanchis, piano. O concerto será o luns 21 de outubro ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

The contents of this page were updated on 10.14.2024.